Saltar ao contido

Reservas para restaurantes:O menú do grupo, pechado antes de que cheguen

Chama un grupo: «Vimos dez a xantar, péchanos un menú». Apuntas a reserva co seu nome, a hora, cantos veñen, os pratos e o prezo total. Cando chegan, o camareiro séntaos desde o TPV ou o comandeiro e a comanda xa está feita.

En detalle

O que levas coas reservas

Pensadas para os grupos que piden un menú pechado, do aniversario ao xantar de empresa.

  • Todas as túas reservas

    Data, hora, a nome de quen, cantos veñen e o seu teléfono. Filtra por día, por estado ou por local.

  • Menú pechado con prezo total

    Escolle os pratos e bebidas que entran e o prezo pactado para todo o grupo. O panel dille a canto sae por persoa.

  • Mesa reservada, se queres

    Asigna a mesa ao apuntar a reserva e queda bloqueada ata que chegue o grupo. Ou deixa que a escolla o camareiro.

  • Séntanse cun toque

    Desde o TPV ou o comandeiro, o camareiro senta a reserva e créase a comanda con todo o menú.

  • Cociña ve cada prato

    A comanda leva a desagregación do menú para cociña e, ao cobrar, un só concepto co prezo pactado.

  • Cada reserva co seu estado

    Pendente, sentada, pechada, cancelada ou non se presentou. Sabes como vai cada unha sen preguntar.

Paso a paso

Unha reserva de grupo, da chamada ao cobro

  1. 1

    Apunta a reserva

    Nome, teléfono, día, hora, persoas e o que haxa que saber, como unha cadeira alta ou dous celíacos.

  2. 2

    Pecha o menú

    Os pratos e bebidas que entran e o prezo total.

  3. 3

    Séntaos

    Cando chegan, o camareiro senta a reserva e a comanda créase soa.

  4. 4

    Cobra

    O tíquet sae co menú ao prezo pactado.

Preguntas frecuentes

Preguntas sobre as reservas

¿Non ves a túa dúbida? Escríbenos e respondémosche.

¿Podo apuntar reservas de grupo con menú pechado?

Si. Apuntas a nome de quen vai, cantos veñen, o día e a hora, os pratos e bebidas incluídos e o prezo total do menú.

¿Os clientes poden reservar desde internet?

Non. As reservas apúntaas o teu equipo desde o panel cando o cliente chama ou pasa polo local.

¿Podo meter pratos que non están na carta?

Si. Podes incluír pratos que teñas apagados no TPV e na carta QR, porque só existen para esa reserva.

¿Que pasa se o grupo non se presenta?

Marcas a reserva como «Non se presentou» ou cancélala, e a mesa que tiña reservada queda libre.

¿O TPV e os comandeiros ven as reservas?

Si. Cando apuntas, sentas ou anulas unha reserva, o TPV e os comandeiros do local veno ao momento.

¿Mirámolo no teu restaurante?

Escolle como prefires comezar. Sen compromiso.

  • Pide unha demo

    Ensinámosche TuCartaYa coa carta e a sala do teu local.

    Reservar demo
  • Próbao gratis

    Crea a túa conta e proba o panel pola túa conta.

    Comezar proba
  • Falemos agora

    Resolvemos as túas dúbidas por teléfono ou WhatsApp.

Falemos

Pide unha demo ou pregúntanos o que necesites e respondémosche.

¿En que che axudamos?

¿Prefires falar xa?